Amosando publicacións coa etiqueta #MesturArte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #MesturArte. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de abril de 2020

TEN LITTLE FINGERS AND TEN LITTLE TOES

Buenos días niñ@s y mayores!

Hoy os traemos un cuento musical, un lullaby (arrullo) muy sencillito a través del que repasaremos los números, algunas partes del cuerpo y vocabulario que ya hemos visto en otras ocasiones.

Antes de nada dedicamos unos minutitos, como siempre, a las rutinas:

Podéis acceder aquí desde móvil o tablet, descargando previamente la app TinyTap:

https://www.tinytap.it/activities/g3jus/play/routine




 A continuación escuchamos el cuento Ten Little Fingers and Ten Little Toes de Mem Fox y Helen Oxenbury.

#uncontocadadia: ten little fingers and ten little toes from biblio BN on Vimeo.

Después de verlo hacemos algunas preguntas sobre el cuento: ¿Quienes aparecían en el cuento? ¿había bebés niño y bebés niña? ¿Tú que eres? ¿Sabes decirlo en inglés? ¿A los bebés les contaban la nariz y los ojos o los deditos de las manos y de los pies? ¿Cuántos deditos de las manos y de los pies tienes tú? ¿Los sabes contar en inglés?

Ahora podemos jugar con los contenidos en este TinyTap para seguir aprendiendo.

Recordad que si lo hacéis desde móvil o tablet tenéis que descargar antes la app TinyTap y luego clicar aquí https://www.tinytap.it/activities/g3l3w/play/ten-little-fingers-and-ten-little-toes


Además la profe Lara nos acompaña a la guitarra en la canción 10 little indians!


#mesturarte:10 little indians from biblio BN on Vimeo.

Por último os propongo que pongáis vuestras manos y vuestros pies sobre un papel, dibujéis su silueta, numeréis los deditos y los contéis en inglés.



Mandadme una foto y yo la colgaré aquí 👇




Un besote muy muy fuerte!

ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

xoves, 23 de abril de 2020

ANI KUNI

O noso proxecto anual, #MESTURARTE, achéganos dun xeito globalizado ás culturas e características máis relevantes dos lugares que visitamos.

As danzas e a música son rasgos moi representativos da cultura de cada un dos lugares do mundo, e moitas veces sinais de identidade moi aferradas ás súas tradicións.

Seguro que se oímos  os sons dos tambores mentres danzamos ao redor do lume, sáenos facer un cántico indio.  Pois nesta ocasión Monkey embarcouse nunha viaxe na caravana da música, da man de Clave de Sol e Clave de Fa.


Nesta proposta ademáis de coñecer datos sobre os indios americanos, propoñemos unha cantiga popular coa que poñeremos en práctica a coordinación do corpo, os ritmos e a música.

Todo isto dende un punto de vista plurilingüe xa que esta canción confeccionámola en tres linguas: castelán, inglés e en lingua Iriquois dos nativos americanos.




Propoñémosvos que vos disfracedes de indios, busquedes o que máis vos gusta ou mellor vos represanta e vos inventedes un nome indio que o simbolice. Despois podédesnos mandar un vídeo coa vosa presentación plurilingüe, en galego ou castelán e en inglés. Escoitade como o din Lara e Katrina: O meu nome é.../My name is...

E grazas a todos os nenos e nenas, familias e profes que se animaron con esta experiencia plurilingüe. Sodes totais!


#mesturarte: Indio Tadi from biblio BN on Vimeo.

#mesturate:india Uma from biblio BN on Vimeo.


#mesturarte: India Yamka from biblio BN on Vimeo.


#mesturarte: India Yepa from biblio BN on Vimeo.


#mesturarte: India Salali e indio Umi from biblio BN on Vimeo.


#mesturarte:India Himovi from biblio BN on Vimeo.


#mesturarte: Indio Yana e India Dakota from biblio BN on Vimeo.



ABRACADABRA, ABRACADI

MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

martes, 17 de marzo de 2020

HAPPY ST. PATRICK'S DAY!!

Como vimos falando e traballando todo o pasado mes, hoxe é o día de St. Patrick.

Lemos contos, cantamos cancións, aprendemos costumes, vocabulario, danzas e instrumentos típicos de Irlanda.

Hoxe, a profe Lara, a profe Katrina e Katie tiñamos preparada para vós unha sorpresa se estivéramos na escola: Celebrariamos unha festa irlandesa na que fariamos galletas, probariamos alimentos de cor verde, cantariamos Wallflowers, bailariamos o Kaylee dance que practicamos en música e inglés, e fariamos un desfile por toda a escola vestindo roupa de cor verde e as paxariñas que preparamos con pasta, papel e pintura.

Como isto non pode ser polo de agora, preparamos algo igual de especial para que levedes a cabo coa vosa familia, na casiña, porque coma cos que nos queren non se está en ningures.

Agardemos que o gocedes tanto como o fixemos nós.


Descarga aquí a imaxe e mándanos unha foto co teu rainbow.



Podes ver o leprechaun? Se o atopas significa que vas ter mooooita sorte.


E comezan a chegar os vosos marabillosos rainbows! Non podemos estar máis contentas. Grazas!







venres, 28 de febreiro de 2020

BODHRÁM


Hoxe os nenos e nenas de 5 anos recibiron unha sorpresa especial.

Clave de Sol e clave de Fa deberon visitar Irlanda durante as vacacións de Entroido porque trouxeron na súa caravana como agasallo este bodhrám, un instrumento tradicional irlandés que nos levará a afondar na música e os bailes tradicicionais deste país axudados polas mestras Lara, Katrina e Katie.

Seguímonos a preparar para St. Patrick! Que máis argallaremos?


mércores, 12 de febreiro de 2020

ST. PATRICK'S DAY ACTIVITIES

Como sabedes, nas clases de inglés estamos a investigar a cultura e tradición irlandesas aproveitando que Katie, a nosa auxiliar de conversa, provén deste país.

Empregando como fío condutor a festa de St. Patrick realizamos unha gran variedade de actividades que teñen como obxectivo familiarizar aos nenos e nenas con vocabulario, cancións, bailes e tradicións típicas de Irlanda.

Coma sempre, dende o blogue abrímosvos unha xaneliña pola que poder ver o que pasa na aula e amosámosvos algunhas das actividades que estamos a levar a cabo.

Contos:



TinyTap:



Xogos co Escornabot:


Kaboom!



Dominós:



Hide and seek (Ocultamos imaxes pola aula para que as atopen e nomeen):


Xogo co micrófono:


Bailes tradicionais:





Cancións:



Instrumentos:





E máis...Proximamente!

ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

mércores, 5 de febreiro de 2020

ST. PATRICK'S DAY

Aproveitando a sorte de contar con Katie, a nosa auxiliar de conversa Irlandesa, nas vindeiras semanas mergullarémonos na cultura e folclore do seu país de procedencia a través da festa "St. Patrick".

Aprenderemos as súas tradicións, algunhas cancións e xogos típicos, coñeceremos todo sobre os Leprechauns e procuraremos trevos, potes de ouro e arcos da vella.

Vedes algún leprechaun preto? Premede na imaxe para acceder ao conto de hoxe.


ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

venres, 10 de xaneiro de 2020

WE ALL WENT ON SAFARI

Comezamos un novo trimestre e facémolo poñendo o noso gran de area ao proxecto anual de Centro #mesturarte.

Á volta das vacacións Monkey contounos que Santa Claus trouxéralle, un disfraz e un conto novos.

O disfraz podédelo ver por vós mesm@s na imaxe, moi similar ao feito polos nenos e nenas da aula laranxa antes do Nadal.



O conto, "We all went on Safari" trata sobre a tribo Masai e o contorno que os rodea.

A través del aprenderemos a contar ate 10 en inglés e en lingua masai, algúns nomes típicos, aspectos sobre a paisaxe, localización, e información interesante sobre os animais que habitan na zona (nomes, alimentación, modo de vida, etc.)

Deixámosvos un TinyTap para que, dende o voso ordenador, poidades repasar algún vocabulario da Unidade.


Outras actividades comprenderán xogo co escornabot, dominós, role-play, identificación de vocabulario en imaxes/vídeos ou adeviñas.





Cantos animais podedes nomear neste vídeo? I spy with my little eye...


ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

martes, 8 de outubro de 2019

STICKY EXPRESS POETRY!

Como sabedes, todas as semanas as profes preparan unha poesía express para o goce dos alumnos e alumnas.

Esta semana a profe Katrina e Katie trouxeron unha proposta sensorial xunto co poema "The Itch" do autor británico Michael Rosen. A través desta posta en escea puidemos comprobar como cnato máis sucias tenemos as manos, máis nos pica o nariz.


Despois da poesía os nenos e nenas puideron ensuciarse as mans e gozar das distintas texturas e temperaturas.


ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

xoves, 3 de outubro de 2019

MEETING KATIE FROM IRELAND!

Esta semana, durante unha das nosas sesións de inglés, aconteceu algo espectacular! Katrina fixo maxia coa súa variña e de súpeto Katie apareceu na aula ataviada co seu gorro, a súa mochila, a súa cámara de fotos e o seu compás. Quedámonos moi sorprendidos e sorprendidas.

Katie parecía perdida e é que tiña un mapa que era un desastre! Tivémoslle que explicar quen eramos nós e onde nos atopabamos.

Ela contounos que era unha viaxeira aventureira que viña de Dublín (Irlanda). Explicounos que Irlanda é unha illa que está preto da illa na que vive Katrina. Falounos sobre o seu país, as súas linguas, paisaxes e vivendas. Tamén do útil que lle resulta saber falar inglés para poder viaxar por todo o mundo.



Katie gustounos tanto que lle pedimos que se quedara con nós en Barrionovo e así o vai facer. Será a nosa compañeira de viaxe este curso co proxecto #MesturArte. Canda ela visitaremos os máis recónditos e afastados lugares do planeta e apreciaremos máis, se cabe, a necesidade de aprender linguas nun mundo coma o noso.


WELCOME KATIE! NICE TO MEET YOU!

domingo, 15 de setembro de 2019

WELCOME BACK!

Benvidas e benvidos!

Este curso, o noso proxecto anual leva por título #MesturArte. A través del viaxaremos ao redor do mundo aprendendo unha chea de cousas sobre diferentes culturas.

A lingua inglesa é moi útil á hora de nos comunicar con persoas pertencentes a outras civilizacións e de aprender sobre a súa contorna.

Ademais, aproveitando que inauguramos proxecto pluriinfantil, este curso introducimos os BITs de vocabulario en lingua inglesa a maiores dos que xa se viñan facendo en lingua galega.

Deixámosvos a primeira remesa.