Amosando publicacións coa etiqueta Bits. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bits. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de novembro de 2020

BITS 3

Se non visualizas este xogo, fai click aquí:

https://static.tinytap.it/media/webplayer/webplayer.html?structureJson=https://www.tinytap.it/store/api/album/178972/structure/&emded=true


luns, 21 de setembro de 2020

LET´S START WALKING!

Benvidas e benvidos a un novo curso escolar!

Estamos moi contentas de presentarvos o novo proxecto sobre o que traballaremos durante este ano académico!


E para ir calentando motores, deixámosvos os primeiros Bits bilingües de vocabulario relacionado coas  novas normas da escola.

https://static.tinytap.it/media/webplayer/webplayer.html?structureJson=https://www.tinytap.it/store/api/album/174976/structure/&emded=true

mércores, 12 de febreiro de 2020

ST. PATRICK'S DAY ACTIVITIES

Como sabedes, nas clases de inglés estamos a investigar a cultura e tradición irlandesas aproveitando que Katie, a nosa auxiliar de conversa, provén deste país.

Empregando como fío condutor a festa de St. Patrick realizamos unha gran variedade de actividades que teñen como obxectivo familiarizar aos nenos e nenas con vocabulario, cancións, bailes e tradicións típicas de Irlanda.

Coma sempre, dende o blogue abrímosvos unha xaneliña pola que poder ver o que pasa na aula e amosámosvos algunhas das actividades que estamos a levar a cabo.

Contos:



TinyTap:



Xogos co Escornabot:


Kaboom!



Dominós:



Hide and seek (Ocultamos imaxes pola aula para que as atopen e nomeen):


Xogo co micrófono:


Bailes tradicionais:





Cancións:



Instrumentos:





E máis...Proximamente!

ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

venres, 10 de xaneiro de 2020

WE ALL WENT ON SAFARI

Comezamos un novo trimestre e facémolo poñendo o noso gran de area ao proxecto anual de Centro #mesturarte.

Á volta das vacacións Monkey contounos que Santa Claus trouxéralle, un disfraz e un conto novos.

O disfraz podédelo ver por vós mesm@s na imaxe, moi similar ao feito polos nenos e nenas da aula laranxa antes do Nadal.



O conto, "We all went on Safari" trata sobre a tribo Masai e o contorno que os rodea.

A través del aprenderemos a contar ate 10 en inglés e en lingua masai, algúns nomes típicos, aspectos sobre a paisaxe, localización, e información interesante sobre os animais que habitan na zona (nomes, alimentación, modo de vida, etc.)

Deixámosvos un TinyTap para que, dende o voso ordenador, poidades repasar algún vocabulario da Unidade.


Outras actividades comprenderán xogo co escornabot, dominós, role-play, identificación de vocabulario en imaxes/vídeos ou adeviñas.





Cantos animais podedes nomear neste vídeo? I spy with my little eye...


ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

mércores, 13 de novembro de 2019

TODAY IS MONDAY

Durante os próximos días os nenos e nenas das aulas laranxa e azul aumentarán as súas nocións sobre vocabulario relativo a alimentos e días da semana a través do conto "Today is Monday" do autor Eric Carle.
Aquí podedes volver escoitar o conto:

E a canción sobre o mesmo:


Ademais disto, xogamos a unha adaptación do xogo tradicional "Mr. Wolf" no que o alumnado, en lugar de preguntar a hora como no xogo orixinal, pregunta o día que é.


Deixámosvos tamén os BITs da Unidade.



ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

martes, 12 de novembro de 2019

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

Durante as próximas semanas, os nenos e nenas de tres anos explorarán nas sesións de inglés o conto de The Very Hungry Caterpillar.

Este é un conto que xa coñecen moi ben na súa lingua, dado que serviu de fío condutor para establecer o calendario semanal e as rutinas diarias da aula.

Aproveitando esta tesitura, aproximaranse tamén en inglés a vocabulario relacionado coa comida e os días da semana.



Pincha aquí para acceder ao conto.

Pincha aquí para acceder á encurta sobre o conto.

E ademais aquí podedes repasar os BITs da Unidade:

ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

domingo, 15 de setembro de 2019

WELCOME BACK!

Benvidas e benvidos!

Este curso, o noso proxecto anual leva por título #MesturArte. A través del viaxaremos ao redor do mundo aprendendo unha chea de cousas sobre diferentes culturas.

A lingua inglesa é moi útil á hora de nos comunicar con persoas pertencentes a outras civilizacións e de aprender sobre a súa contorna.

Ademais, aproveitando que inauguramos proxecto pluriinfantil, este curso introducimos os BITs de vocabulario en lingua inglesa a maiores dos que xa se viñan facendo en lingua galega.

Deixámosvos a primeira remesa.