O
noso proxecto anual, #MESTURARTE, achéganos dun xeito globalizado ás
culturas e características máis relevantes dos lugares que visitamos.
As
danzas e a música son rasgos moi representativos da cultura de cada un
dos lugares do mundo, e moitas veces sinais de identidade moi aferradas
ás súas tradicións.
Seguro
que se oímos os sons dos tambores mentres danzamos ao redor do lume,
sáenos facer un cántico indio. Pois nesta ocasión Monkey embarcouse nunha viaxe na caravana
da música, da man de Clave de Sol e Clave de Fa.
Todo isto dende un punto de vista plurilingüe xa que esta canción confeccionámola en tres linguas: castelán, inglés e en lingua Iriquois dos nativos americanos.
Propoñémosvos que vos disfracedes de indios, busquedes o que máis vos gusta ou mellor vos represanta e vos inventedes un nome indio que o simbolice. Despois podédesnos mandar un vídeo coa vosa presentación plurilingüe, en galego ou castelán e en inglés. Escoitade como o din Lara e Katrina: O meu nome é.../My name is...
E grazas a todos os nenos e nenas, familias e profes que se animaron con esta experiencia plurilingüe. Sodes totais!
#mesturarte: Indio Tadi from biblio BN on Vimeo.
#mesturate:india Uma from biblio BN on Vimeo.
#mesturarte: India Yamka from biblio BN on Vimeo.
#mesturarte: India Yepa from biblio BN on Vimeo.
#mesturarte: India Salali e indio Umi from biblio BN on Vimeo.
#mesturarte:India Himovi from biblio BN on Vimeo.
#mesturarte: Indio Yana e India Dakota from biblio BN on Vimeo.
ABRACADABRA, ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario