Amosando publicacións coa etiqueta cores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cores. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de marzo de 2020

HAPPY ST. PATRICK'S DAY!!

Como vimos falando e traballando todo o pasado mes, hoxe é o día de St. Patrick.

Lemos contos, cantamos cancións, aprendemos costumes, vocabulario, danzas e instrumentos típicos de Irlanda.

Hoxe, a profe Lara, a profe Katrina e Katie tiñamos preparada para vós unha sorpresa se estivéramos na escola: Celebrariamos unha festa irlandesa na que fariamos galletas, probariamos alimentos de cor verde, cantariamos Wallflowers, bailariamos o Kaylee dance que practicamos en música e inglés, e fariamos un desfile por toda a escola vestindo roupa de cor verde e as paxariñas que preparamos con pasta, papel e pintura.

Como isto non pode ser polo de agora, preparamos algo igual de especial para que levedes a cabo coa vosa familia, na casiña, porque coma cos que nos queren non se está en ningures.

Agardemos que o gocedes tanto como o fixemos nós.


Descarga aquí a imaxe e mándanos unha foto co teu rainbow.



Podes ver o leprechaun? Se o atopas significa que vas ter mooooita sorte.


E comezan a chegar os vosos marabillosos rainbows! Non podemos estar máis contentas. Grazas!







xoves, 24 de outubro de 2019

WINNIE THE WITCH ACTIVITIES!

Os nenos e nenas da aula rosa rematamos esta semana coa Unidade baseada no conto "Winnie the Witch" na que, ademais de vocabulario relacionado con Halloween, aprendemos as cores.

Estas foron algunhas das actividades que fixemos:

Pass the ball:


Masks:

Escornabot games:

ABRACADABRA, ABRACADI, 
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

xoves, 10 de outubro de 2019

HALLOWEEN IS COMING TO THE PINK CLASS!

O mes de outubro é o mes de Halloween na clase de inglés.

Os nenos e nenas da aula rosa comezaron esta semana a traballar co conto "Winnie the Witch" de Valerie Thomas, a través do cal descubrirán as aventuras e desventuras desta meiga tan divertida pero ademais aprenderán vocabulario relacionado con Halloween e coas cores.


A nosa auxiliar de conversa irlandesa, Katie, leunos o conto e cantou con nós unha bonita canción.



ABRACADABRA, ABRACADI, 
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

venres, 26 de outubro de 2018

THE HAUNTED HOUSE

Seguindo coa temática de Halloween, estes días, nas clases de inglés, estamos a traballar cun conto chamado The Haunted House.


Resultado de imaxes para the haunted house kazuno kohara

A través deste conto refórzase vocabulario xa traballado (witch, house, cat, hat, sleep, black, numbers) e introdúcese outro novo (ghosts, broomstick, white, orange...).

Aproveitando este vocabulario, xogamos co Escornabot.




Tamén xogamos ao vexo, vexo (I spy...) e elaboramos terroríficas pantasmas.





















 












Por último escoitamos esta espeluznante canción, Too Spooky for me.


ABRACADABRA, ABRACADI, 
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!