xoves, 10 de outubro de 2019

HALLOWEEN IS COMING TO THE PINK CLASS!

O mes de outubro é o mes de Halloween na clase de inglés.

Os nenos e nenas da aula rosa comezaron esta semana a traballar co conto "Winnie the Witch" de Valerie Thomas, a través do cal descubrirán as aventuras e desventuras desta meiga tan divertida pero ademais aprenderán vocabulario relacionado con Halloween e coas cores.


A nosa auxiliar de conversa irlandesa, Katie, leunos o conto e cantou con nós unha bonita canción.



ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario