Lemos contos, cantamos cancións, aprendemos costumes, vocabulario, danzas e instrumentos típicos de Irlanda.
Hoxe, a profe Lara, a profe Katrina e Katie tiñamos preparada para vós unha sorpresa se estivéramos na escola: Celebrariamos unha festa irlandesa na que fariamos galletas, probariamos alimentos de cor verde, cantariamos Wallflowers, bailariamos o Kaylee dance que practicamos en música e inglés, e fariamos un desfile por toda a escola vestindo roupa de cor verde e as paxariñas que preparamos con pasta, papel e pintura.
Como isto non pode ser polo de agora, preparamos algo igual de especial para que levedes a cabo coa vosa familia, na casiña, porque coma cos que nos queren non se está en ningures.
Agardemos que o gocedes tanto como o fixemos nós.
Descarga aquí a imaxe e mándanos unha foto co teu rainbow.
Podes ver o leprechaun? Se o atopas significa que vas ter mooooita sorte.
E comezan a chegar os vosos marabillosos rainbows! Non podemos estar máis contentas. Grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario