Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de decembro de 2020

Camiñante SI hai Camiño, el musical

Para finalizar el trimestre, l@s profes preparamos una representación teatral en formato de musical plurilingüe. Una peregrina extranjera recorrió el camino inglés aprendiendo a cuidarlo en su encuentro con otr@s peregrin@s.

mércores, 11 de novembro de 2020

BITS 3

Se non visualizas este xogo, fai click aquí:

https://static.tinytap.it/media/webplayer/webplayer.html?structureJson=https://www.tinytap.it/store/api/album/178972/structure/&emded=true


venres, 9 de outubro de 2020

PRIMER ENCUENTRO PLURILINGÜE

El pasado lunes en nuestra BiblioBN tuvo lugar el primer Encuentro Plurilingüe para presentar el proyecto de este curso "#camiñanteSIhaicamiño que llevamos a cabo de manera telemática.

Las profes Katrina y Lara, nos tocaron una animada canción de composición propia, en la que nos daban pistas del camino que recorreremos durante este año.

Al final, nos lanzaron un reto, descubrir en qué lugar empieza nuestro camino y para ello nos dejaron un par de pistas en los cofres de nuestras aulas.

Podéis ver todo lo que ocurrió en el siguiente vídeo:


Y aquí os dejamos la canción, escrita en inglés y gallego, una canción para escuchar y moverse!




xoves, 23 de abril de 2020

ANI KUNI

O noso proxecto anual, #MESTURARTE, achéganos dun xeito globalizado ás culturas e características máis relevantes dos lugares que visitamos.

As danzas e a música son rasgos moi representativos da cultura de cada un dos lugares do mundo, e moitas veces sinais de identidade moi aferradas ás súas tradicións.

Seguro que se oímos  os sons dos tambores mentres danzamos ao redor do lume, sáenos facer un cántico indio.  Pois nesta ocasión Monkey embarcouse nunha viaxe na caravana da música, da man de Clave de Sol e Clave de Fa.


Nesta proposta ademáis de coñecer datos sobre os indios americanos, propoñemos unha cantiga popular coa que poñeremos en práctica a coordinación do corpo, os ritmos e a música.

Todo isto dende un punto de vista plurilingüe xa que esta canción confeccionámola en tres linguas: castelán, inglés e en lingua Iriquois dos nativos americanos.




Propoñémosvos que vos disfracedes de indios, busquedes o que máis vos gusta ou mellor vos represanta e vos inventedes un nome indio que o simbolice. Despois podédesnos mandar un vídeo coa vosa presentación plurilingüe, en galego ou castelán e en inglés. Escoitade como o din Lara e Katrina: O meu nome é.../My name is...

E grazas a todos os nenos e nenas, familias e profes que se animaron con esta experiencia plurilingüe. Sodes totais!


#mesturarte: Indio Tadi from biblio BN on Vimeo.

#mesturate:india Uma from biblio BN on Vimeo.


#mesturarte: India Yamka from biblio BN on Vimeo.


#mesturarte: India Yepa from biblio BN on Vimeo.


#mesturarte: India Salali e indio Umi from biblio BN on Vimeo.


#mesturarte:India Himovi from biblio BN on Vimeo.


#mesturarte: Indio Yana e India Dakota from biblio BN on Vimeo.



ABRACADABRA, ABRACADI, 

MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

xoves, 3 de outubro de 2019

MEETING KATIE FROM IRELAND!

Esta semana, durante unha das nosas sesións de inglés, aconteceu algo espectacular! Katrina fixo maxia coa súa variña e de súpeto Katie apareceu na aula ataviada co seu gorro, a súa mochila, a súa cámara de fotos e o seu compás. Quedámonos moi sorprendidos e sorprendidas.

Katie parecía perdida e é que tiña un mapa que era un desastre! Tivémoslle que explicar quen eramos nós e onde nos atopabamos.

Ela contounos que era unha viaxeira aventureira que viña de Dublín (Irlanda). Explicounos que Irlanda é unha illa que está preto da illa na que vive Katrina. Falounos sobre o seu país, as súas linguas, paisaxes e vivendas. Tamén do útil que lle resulta saber falar inglés para poder viaxar por todo o mundo.



Katie gustounos tanto que lle pedimos que se quedara con nós en Barrionovo e así o vai facer. Será a nosa compañeira de viaxe este curso co proxecto #MesturArte. Canda ela visitaremos os máis recónditos e afastados lugares do planeta e apreciaremos máis, se cabe, a necesidade de aprender linguas nun mundo coma o noso.


WELCOME KATIE! NICE TO MEET YOU!

martes, 18 de xuño de 2019

LONDON PROJECT: THE QUEEN'S HAT

REMATA O CURSO E MS. KATRINA NON SE QUERÍA DESPEDIR SEN ACHEGAR AOS NENOS E NENAS Á XEOGRAFÍA E CULTURA BRITÁNICAS.

DURANTE AS PASADAS SEMANAS, NAS CLASES DE INGLÉS ESTIVERON A VIAXAR AXUDADOS POLA ESTRUTURA DO CONTO "THE QUEEN'S HAT".



A TRAVÉS DESTE, APRENDERON MULTITUDE DE ASPECTOS SOBRE A REALEZA BRITÁNICA: QUEN É A RAIÑA, OS SEU CANS, A GARDA REAL, A FAMILIA DA RAIÑA E OS PALACIOS NOS QUE VIVEN.




ADEMAIS, GRAZAS AO GOOGLE MAPS, GOOGLE EARTH, AO CROMA E AO VÍDEO, PUIDERON VIAXAR DENDE PASTORIZA ATA LONDRES, OBSERVANDO A DISTANCIA QUE HAI ENTRE AMBOS LUGARES, O TERRITORIO BRITÁNICO, TRANSITANDO AS RÚAS E VISITANDO OS LUGARES MÁIS DESTACADOS DE LONDRES:


EN TRAFALGAR SQUARE OBSERVARON A ESTATUA DO ALMIRANTE NELSON E ADMIRARON OS CATRO LEÓNS QUE A GARDAN. APRENDERON SOBRE A BATALLA DE TRAFALGAR E SOBRE A CONTROVERSIA QUE HOUBO NO PASADO POR MOR DAS POMBAS QUE ATEIGABAN ESTA PRAZA.

EN LONDON ZOO PUIDERON OBSERVAR IN SITU TODOS OS ANIMAIS E RECORDAR O VOCABULARIO TRABALLADO AO LONGO DO CURSO.


PUIDERON BAIXAR ÁS PROFUNDIDADES DO METRO DE LONDRES, OBSERVAR O SEU FUNCIONAMENTO E ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA TALES COMO AS SINAIS VISUAIS E ACÚSTICAS, DIRECCIÓNS, TICKETS E OUTROS MEDIOS DE TRANSPORTE QUE PODEMOS PRECISAR NA CIDADE.





SUBIRON AO LONDON EYE E OBSERVARON O TOWER BRIDGE EN FUNCIONAMENTO.



POR ÚLTIMO ESCUDRIÑARON AS ENTRAÑAS DO EMBLEMÁTICO BIG BEN. XOGARON TAMÉN AO MÍTICO XOGO "LONGON BRIDGE IS FALLING DOWN".


KATRINA DESÉXAVOS UNHAS VACACIÓNS AO ESTILO KATRINA, ISTO É CHEAS DE MAXIA, DIVERSIÓN, AMOR E FELICIDADE!