Amosando publicacións coa etiqueta HISTORIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta HISTORIA. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de febreiro de 2020

ST. PATRICK'S DAY

Aproveitando a sorte de contar con Katie, a nosa auxiliar de conversa Irlandesa, nas vindeiras semanas mergullarémonos na cultura e folclore do seu país de procedencia a través da festa "St. Patrick".

Aprenderemos as súas tradicións, algunhas cancións e xogos típicos, coñeceremos todo sobre os Leprechauns e procuraremos trevos, potes de ouro e arcos da vella.

Vedes algún leprechaun preto? Premede na imaxe para acceder ao conto de hoxe.


ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

venres, 11 de outubro de 2019

SAMHAIN OR HALLOWEEN?

Coa chegada do mes de outubro as clases de inglés comezan a tomar un cariz misterioso.

Esta semana, Katie explicounos que o famoso Halloween que todos e todas coñecemos provén do Samhain irlandés, unha tradición que comezou cos antigos Celtas e se espallou polo mundo enriquecéndose e transformándose.

Explicounos como celebran en Irlanda esta festa, os seus xogos, comidas típicas e disfraces, o Trick or Treat e o carvado de cabazas e nabos.


Katie contounos que en Irlanda hai algunhas pantasmas especiais como Banshee e Puka.

Katrina, Monkey e mesmo Magic Wand apareceron disfrazados esta semana.
Como Katie non tiña disfraz fixémoslle nós un de Banshee. Os nenos e nenas das clases azul e laranxa tamén decidiron disfrazarse.


Ademais, Katrina estanos a ler un conto encantado titulado "What's in the Witch's Kitchen" de Nick Sharratt a través do cal aprenderemos vocabulario sobre comida, partes da cociña e Halloween.


Por último divertímonos con esta terrorífica canción que enlaza a temática da comida e os monstros.


ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

martes, 18 de xuño de 2019

LONDON PROJECT: THE QUEEN'S HAT

REMATA O CURSO E MS. KATRINA NON SE QUERÍA DESPEDIR SEN ACHEGAR AOS NENOS E NENAS Á XEOGRAFÍA E CULTURA BRITÁNICAS.

DURANTE AS PASADAS SEMANAS, NAS CLASES DE INGLÉS ESTIVERON A VIAXAR AXUDADOS POLA ESTRUTURA DO CONTO "THE QUEEN'S HAT".



A TRAVÉS DESTE, APRENDERON MULTITUDE DE ASPECTOS SOBRE A REALEZA BRITÁNICA: QUEN É A RAIÑA, OS SEU CANS, A GARDA REAL, A FAMILIA DA RAIÑA E OS PALACIOS NOS QUE VIVEN.




ADEMAIS, GRAZAS AO GOOGLE MAPS, GOOGLE EARTH, AO CROMA E AO VÍDEO, PUIDERON VIAXAR DENDE PASTORIZA ATA LONDRES, OBSERVANDO A DISTANCIA QUE HAI ENTRE AMBOS LUGARES, O TERRITORIO BRITÁNICO, TRANSITANDO AS RÚAS E VISITANDO OS LUGARES MÁIS DESTACADOS DE LONDRES:


EN TRAFALGAR SQUARE OBSERVARON A ESTATUA DO ALMIRANTE NELSON E ADMIRARON OS CATRO LEÓNS QUE A GARDAN. APRENDERON SOBRE A BATALLA DE TRAFALGAR E SOBRE A CONTROVERSIA QUE HOUBO NO PASADO POR MOR DAS POMBAS QUE ATEIGABAN ESTA PRAZA.

EN LONDON ZOO PUIDERON OBSERVAR IN SITU TODOS OS ANIMAIS E RECORDAR O VOCABULARIO TRABALLADO AO LONGO DO CURSO.


PUIDERON BAIXAR ÁS PROFUNDIDADES DO METRO DE LONDRES, OBSERVAR O SEU FUNCIONAMENTO E ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA TALES COMO AS SINAIS VISUAIS E ACÚSTICAS, DIRECCIÓNS, TICKETS E OUTROS MEDIOS DE TRANSPORTE QUE PODEMOS PRECISAR NA CIDADE.





SUBIRON AO LONDON EYE E OBSERVARON O TOWER BRIDGE EN FUNCIONAMENTO.



POR ÚLTIMO ESCUDRIÑARON AS ENTRAÑAS DO EMBLEMÁTICO BIG BEN. XOGARON TAMÉN AO MÍTICO XOGO "LONGON BRIDGE IS FALLING DOWN".


KATRINA DESÉXAVOS UNHAS VACACIÓNS AO ESTILO KATRINA, ISTO É CHEAS DE MAXIA, DIVERSIÓN, AMOR E FELICIDADE!