xoves, 3 de outubro de 2019

MEETING KATIE FROM IRELAND!

Esta semana, durante unha das nosas sesións de inglés, aconteceu algo espectacular! Katrina fixo maxia coa súa variña e de súpeto Katie apareceu na aula ataviada co seu gorro, a súa mochila, a súa cámara de fotos e o seu compás. Quedámonos moi sorprendidos e sorprendidas.

Katie parecía perdida e é que tiña un mapa que era un desastre! Tivémoslle que explicar quen eramos nós e onde nos atopabamos.

Ela contounos que era unha viaxeira aventureira que viña de Dublín (Irlanda). Explicounos que Irlanda é unha illa que está preto da illa na que vive Katrina. Falounos sobre o seu país, as súas linguas, paisaxes e vivendas. Tamén do útil que lle resulta saber falar inglés para poder viaxar por todo o mundo.



Katie gustounos tanto que lle pedimos que se quedara con nós en Barrionovo e así o vai facer. Será a nosa compañeira de viaxe este curso co proxecto #MesturArte. Canda ela visitaremos os máis recónditos e afastados lugares do planeta e apreciaremos máis, se cabe, a necesidade de aprender linguas nun mundo coma o noso.


WELCOME KATIE! NICE TO MEET YOU!

Ningún comentario:

Publicar un comentario