Damos por finalizada a Unidade baseada no conto Mouse Count, coa que repasamos vocabulario sobre números, animais e elementos da natureza, con este role-play no que os nenos e nenas se puideron meter na pel dos personaxes da historia.
A través deste conto reforzaremos conceptos aprendidos durante o curso pasado como son os números do 1-10 e vocabulario relacionado con animais e elementos do contorno.
Para este fin vimos de crear un dado de 10 caras grazas á nosa impresora 3De ao motor de busca Thingiverse. Unha vez redimensionado co programa CURA, imprimímolo e xa o temos listo para usar na aula.