luns, 16 de setembro de 2019

MOUSE COUNT

Durante as próximas semanas nas sesións de inglés en 4 e 5 anos traballaremos co conto Mouse Count de Ellen Stoll Walsh.



A través deste conto reforzaremos conceptos aprendidos durante o curso pasado como son os números do 1-10 e vocabulario relacionado con animais e elementos do contorno.

Para este fin vimos de crear un dado de 10 caras grazas á nosa impresora 3De ao motor de busca Thingiverse. Unha vez redimensionado co programa CURA, imprimímolo e xa o temos listo para usar na aula.


ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario