Amosando publicacións coa etiqueta Katrina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Katrina. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de setembro de 2020

Online storytelling!




Este curso, todos los viernes, todas y todos tenemos una cita con Katrina a través de Skype.

De esta forma podremos reunirnos virtualmente y seguir viéndola vocalizar a través de la pantalla.

Desde la BiblioBN Katrina nos contará cuentos en inglés, nos cantará canciones y propondrá juegos divertidos.



Stay tuned!

ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

martes, 22 de outubro de 2019

HALLOWEEN GAMES!

Achégase Halloween e os nenos e nenas de Barrionovo non podían quedar sen xogar ao mítico "apples on a string" tan tradicional nestas datas na cultura anglosaxona.



Ademais, xogaron tamén ao xogo "bobbing for apples" no que debían rescatar as mazás dun balde con auga sen empregar as mans.


martes, 24 de setembro de 2019

MOUSE COUNT

Como xa sabedes, os nenos e nenas de 4 e 5 están traballando co conto Mouse Count.

Achegámosvos algunhas das actividades que estamos a facer durante estes días.






venres, 5 de outubro de 2018

THE NAPPING HOUSE



Benqueridos e benqueridas,

Cóntanos Katrina que durante esta semana nas clases de inglés continuáronse a introducir as rutinas que se levarán a cabo ao inicio e final de cada sesión durante todo o curso.

Coas rutinas achegamos á aula accións e conceptos importantes xa que impregnan a realidade da lingua, son de utilidade e de uso frecuente e están relacionados coa experiencia directa e as necesidades habituais das persoas,

Esta vez tocoulle o turno ao tempo atmosférico e ao descanso.

O fío condutor para contextualizar o traballo foron o conto The Napping House e a canción Twinkle, Twinkle, Little Star que vos deixamos aquí por se queredes botar un ollo. 

ENJOY!




ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

venres, 21 de setembro de 2018

KATRINA ARRIVES TO BARRIONOVO

ESTE CURSO CHEGOU Á ESCOLA UNHA MESTRA BASTANTE PECULIAR. O SEU NOME É KATRINA. RECOÑECERÉDELA POLO SEU GORRO DE FLORES E A SÚA VARITA MÁXICA. DO SEU ENORME BOLSO SAEN TODO TIPO DE SORPRESAS, DENDE ANIMAIS, ATE OBXECTOS VARIOPINTOS, CONTOS OU CANCIÓNS.

O SEU INSEPARABLE AMIGO MONKEY ACOMPÁÑAA ALÍ ONDE VAI.

KATRINA E MONKEY TEÑEN UN SEGREDO: SÓ SE COMUNICAN EN INGLÉS.

O SEU COMETIDO É MOI PARTICULAR: DESPERTAR O AMOR E A CURIOSIDADE CARA A LINGUA E CULTURA INGLESAS NO ALUMNADO DE BARRIONOVO DURANTE 3 HORAS SEMANAIS.


A TRAVÉS DESTE BLOGUE KATRINA IRÁ ACTUALIZANDO PERIÓDICAMENTE AQUILO QUE FAI COS NENOS E NENAS. DESTE XEITO, AS FAMILIAS PODEREDES COÑECER ALGÚNS DOS RECURSOS QUE ELA EMPREGA, COMO SON OS CONTOS E AS CANCIÓNS.

CÓNTANOS KATRINA QUE NOS ÚLTIMOS DÍAS, MEDIANTE XOGOS, ESTIVÉRONSE A INTRODUCIR AS RUTINAS QUE SE LEVARAN A CABO NO INICIO DE CADA SESIÓN: O SAÚDO E A DESPEDIDA, A PRESENTACIÓN E FÓRMULAS DE CORTESÍA.

TAMÉN SE REPASARON OS NÚMEROS PARA PODER PASAR LISTA @S COMPAÑEIR@S.
PARA ISTO LERON E DRAMATIZARON O CONTO "FIVE LITTLE DUCKS" E CANTARON A CANCIÓN CO MESMO NOME.


ESTADE BEN ATENT@S QUE PRÓXIMAMENTE VOS CONTAREMOS MÁIS...

ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!