ESTE CURSO CHEGOU Á ESCOLA UNHA MESTRA BASTANTE PECULIAR. O SEU NOME É KATRINA. RECOÑECERÉDELA POLO SEU GORRO DE FLORES E A SÚA VARITA MÁXICA. DO SEU ENORME BOLSO SAEN TODO TIPO DE SORPRESAS, DENDE ANIMAIS, ATE OBXECTOS VARIOPINTOS, CONTOS OU CANCIÓNS.
O SEU INSEPARABLE AMIGO MONKEY ACOMPÁÑAA ALÍ ONDE VAI.
KATRINA E MONKEY TEÑEN UN SEGREDO: SÓ SE COMUNICAN EN INGLÉS.
O SEU COMETIDO É MOI PARTICULAR: DESPERTAR O AMOR E A CURIOSIDADE CARA A LINGUA E CULTURA INGLESAS NO ALUMNADO DE BARRIONOVO DURANTE 3 HORAS SEMANAIS.
A TRAVÉS DESTE BLOGUE KATRINA IRÁ ACTUALIZANDO PERIÓDICAMENTE AQUILO QUE FAI COS NENOS E NENAS. DESTE XEITO, AS FAMILIAS PODEREDES COÑECER ALGÚNS DOS RECURSOS QUE ELA EMPREGA, COMO SON OS CONTOS E AS CANCIÓNS.
CÓNTANOS KATRINA QUE NOS ÚLTIMOS DÍAS, MEDIANTE XOGOS, ESTIVÉRONSE A INTRODUCIR AS RUTINAS QUE SE LEVARAN A CABO NO INICIO DE CADA SESIÓN: O SAÚDO E A DESPEDIDA, A PRESENTACIÓN E FÓRMULAS DE CORTESÍA.
TAMÉN SE REPASARON OS NÚMEROS PARA PODER PASAR LISTA @S COMPAÑEIR@S.
PARA ISTO LERON E DRAMATIZARON O CONTO "FIVE LITTLE DUCKS" E CANTARON A CANCIÓN CO MESMO NOME.
ESTADE BEN ATENT@S QUE PRÓXIMAMENTE VOS CONTAREMOS MÁIS...
ABRACADABRA, ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario