Esta semana, Katie explicounos que o famoso Halloween que todos e todas coñecemos provén do Samhain irlandés, unha tradición que comezou cos antigos Celtas e se espallou polo mundo enriquecéndose e transformándose.
Explicounos como celebran en Irlanda esta festa, os seus xogos, comidas típicas e disfraces, o Trick or Treat e o carvado de cabazas e nabos.
Katie contounos que en Irlanda hai algunhas pantasmas especiais como Banshee e Puka.
Katrina, Monkey e mesmo Magic Wand apareceron disfrazados esta semana.
Como Katie non tiña disfraz fixémoslle nós un de Banshee. Os nenos e nenas das clases azul e laranxa tamén decidiron disfrazarse.
Ademais, Katrina estanos a ler un conto encantado titulado "What's in the Witch's Kitchen" de Nick Sharratt a través do cal aprenderemos vocabulario sobre comida, partes da cociña e Halloween.
Por último divertímonos con esta terrorífica canción que enlaza a temática da comida e os monstros.
ABRACADABRA, ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario