Amosando publicacións coa etiqueta GOOGLE MAPS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GOOGLE MAPS. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de outubro de 2019

MEETING KATIE FROM IRELAND!

Esta semana, durante unha das nosas sesións de inglés, aconteceu algo espectacular! Katrina fixo maxia coa súa variña e de súpeto Katie apareceu na aula ataviada co seu gorro, a súa mochila, a súa cámara de fotos e o seu compás. Quedámonos moi sorprendidos e sorprendidas.

Katie parecía perdida e é que tiña un mapa que era un desastre! Tivémoslle que explicar quen eramos nós e onde nos atopabamos.

Ela contounos que era unha viaxeira aventureira que viña de Dublín (Irlanda). Explicounos que Irlanda é unha illa que está preto da illa na que vive Katrina. Falounos sobre o seu país, as súas linguas, paisaxes e vivendas. Tamén do útil que lle resulta saber falar inglés para poder viaxar por todo o mundo.



Katie gustounos tanto que lle pedimos que se quedara con nós en Barrionovo e así o vai facer. Será a nosa compañeira de viaxe este curso co proxecto #MesturArte. Canda ela visitaremos os máis recónditos e afastados lugares do planeta e apreciaremos máis, se cabe, a necesidade de aprender linguas nun mundo coma o noso.


WELCOME KATIE! NICE TO MEET YOU!

martes, 18 de xuño de 2019

LONDON PROJECT: THE QUEEN'S HAT

REMATA O CURSO E MS. KATRINA NON SE QUERÍA DESPEDIR SEN ACHEGAR AOS NENOS E NENAS Á XEOGRAFÍA E CULTURA BRITÁNICAS.

DURANTE AS PASADAS SEMANAS, NAS CLASES DE INGLÉS ESTIVERON A VIAXAR AXUDADOS POLA ESTRUTURA DO CONTO "THE QUEEN'S HAT".



A TRAVÉS DESTE, APRENDERON MULTITUDE DE ASPECTOS SOBRE A REALEZA BRITÁNICA: QUEN É A RAIÑA, OS SEU CANS, A GARDA REAL, A FAMILIA DA RAIÑA E OS PALACIOS NOS QUE VIVEN.




ADEMAIS, GRAZAS AO GOOGLE MAPS, GOOGLE EARTH, AO CROMA E AO VÍDEO, PUIDERON VIAXAR DENDE PASTORIZA ATA LONDRES, OBSERVANDO A DISTANCIA QUE HAI ENTRE AMBOS LUGARES, O TERRITORIO BRITÁNICO, TRANSITANDO AS RÚAS E VISITANDO OS LUGARES MÁIS DESTACADOS DE LONDRES:


EN TRAFALGAR SQUARE OBSERVARON A ESTATUA DO ALMIRANTE NELSON E ADMIRARON OS CATRO LEÓNS QUE A GARDAN. APRENDERON SOBRE A BATALLA DE TRAFALGAR E SOBRE A CONTROVERSIA QUE HOUBO NO PASADO POR MOR DAS POMBAS QUE ATEIGABAN ESTA PRAZA.

EN LONDON ZOO PUIDERON OBSERVAR IN SITU TODOS OS ANIMAIS E RECORDAR O VOCABULARIO TRABALLADO AO LONGO DO CURSO.


PUIDERON BAIXAR ÁS PROFUNDIDADES DO METRO DE LONDRES, OBSERVAR O SEU FUNCIONAMENTO E ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA TALES COMO AS SINAIS VISUAIS E ACÚSTICAS, DIRECCIÓNS, TICKETS E OUTROS MEDIOS DE TRANSPORTE QUE PODEMOS PRECISAR NA CIDADE.





SUBIRON AO LONDON EYE E OBSERVARON O TOWER BRIDGE EN FUNCIONAMENTO.



POR ÚLTIMO ESCUDRIÑARON AS ENTRAÑAS DO EMBLEMÁTICO BIG BEN. XOGARON TAMÉN AO MÍTICO XOGO "LONGON BRIDGE IS FALLING DOWN".


KATRINA DESÉXAVOS UNHAS VACACIÓNS AO ESTILO KATRINA, ISTO É CHEAS DE MAXIA, DIVERSIÓN, AMOR E FELICIDADE!