Dende as clases de inglés optamos por falar cos nenos e nenas con normalidade do que está a acontecer. Filtramos a información que chega aos pequech@s sobre o que ocorre ao seu redor sen esquecer a idade que teñen, mais sen restarlles a súa importancia como axentes activos nun proceso que nos concerne a tod@s.
Deixámosvos un Tiny-tap con vocabulario que nesta crise estamos a escoitar con moita frecuencia.
Propoñemos xogar con el ate que estea medianamente interiorizado. (Só dende o ordenador)
Unha vez sexan quen de recoñecer parcialmente o vocabulario, propoñémosvos un vídeo explicativo da enfermidade adaptado á idade dos nenos e nenas.
Por suposto o importante non é entender toda a mensaxe oral senon:
a. Estar expost@s á lingua estranxeira.
b. Comprobar que as imaxes e outra información non verbal nos axuda a deducir significados.
c. Ser capaces de identificar palabras como unidades de significado dentro dun discurso.
O reto consiste en avisar no momento que recoñezan algunha das palabras do TinyTap no vídeo.
Finalmente, podedes escoitar, cantar e bailar (facendo a mímica correspondente no estribillo) esta animada canción coa que interiorizaremos as tan necesarias medidas de hixiene e prevención.
ABRACADABRA, ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario