Á volta das vacacións Monkey contounos que Santa Claus trouxéralle, un disfraz e un conto novos.
O disfraz podédelo ver por vós mesm@s na imaxe, moi similar ao feito polos nenos e nenas da aula laranxa antes do Nadal.
O conto, "We all went on Safari" trata sobre a tribo Masai e o contorno que os rodea.
A través del aprenderemos a contar ate 10 en inglés e en lingua masai, algúns nomes típicos, aspectos sobre a paisaxe, localización, e información interesante sobre os animais que habitan na zona (nomes, alimentación, modo de vida, etc.)
Deixámosvos un TinyTap para que, dende o voso ordenador, poidades repasar algún vocabulario da Unidade.
Outras actividades comprenderán xogo co escornabot, dominós, role-play, identificación de vocabulario en imaxes/vídeos ou adeviñas.
Cantos animais podedes nomear neste vídeo? I spy with my little eye...
ABRACADABRA, ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario