Amosando publicacións coa etiqueta Días da semana. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Días da semana. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de novembro de 2019

TODAY IS MONDAY

Durante os próximos días os nenos e nenas das aulas laranxa e azul aumentarán as súas nocións sobre vocabulario relativo a alimentos e días da semana a través do conto "Today is Monday" do autor Eric Carle.
Aquí podedes volver escoitar o conto:

E a canción sobre o mesmo:


Ademais disto, xogamos a unha adaptación do xogo tradicional "Mr. Wolf" no que o alumnado, en lugar de preguntar a hora como no xogo orixinal, pregunta o día que é.


Deixámosvos tamén os BITs da Unidade.



ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

martes, 12 de novembro de 2019

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

Durante as próximas semanas, os nenos e nenas de tres anos explorarán nas sesións de inglés o conto de The Very Hungry Caterpillar.

Este é un conto que xa coñecen moi ben na súa lingua, dado que serviu de fío condutor para establecer o calendario semanal e as rutinas diarias da aula.

Aproveitando esta tesitura, aproximaranse tamén en inglés a vocabulario relacionado coa comida e os días da semana.



Pincha aquí para acceder ao conto.

Pincha aquí para acceder á encurta sobre o conto.

E ademais aquí podedes repasar os BITs da Unidade:

ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!