Como vos adiantamos a semana pasada, comezamos a sesión repasando a rutina co TinyTap (para tablet ou móbil debedes ter descargada a app TinyTap e clicar aquí https://www.tinytap.it/activities/g3jus/play/routine
A continuación escoitade atentamente o conto "What shall we do with the boo-hoo baby?"
#cadadiaunconto: What shall we do with the Boo-hoo baby? from biblio BN on Vimeo.
Resumimos o conto para asegurar a comprensión. Podémoslles preguntar aos nen@s: que lle pasaba ao bebé? Quen lle quería axudar? Que cousas fixeron por el?
A continuación, aprendemos vocabulario xogando co conto nestoutro TinyTap. Nel están algunhas das palabras que saíron das vosas "good things jars" a semana pasada:
* Para móbil ou tablet debedes ter descargada a app TinyTap e despois clicar aquí: https://www.tinytap.it/activities/g3kai/play/katrina
Por último debuxade a vosa happy face e mandade unha foto ao correo mskatrinaaa@gmail.com ou ao correo das titoras.
E seguide practicando para ter unha HAPPY FACE every day, que o estades a facer xenial.
Velaí as primeiras happy faces! Marabillosas!
Un bico forte forte!
ABRACADABRA, ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario