luns, 30 de marzo de 2020

WHAT SHALL WE DO WITH THE BOO-HOO BABY?

Esta semana retomamos o noso costume de relacionar as sesións de inglés con contos.

Como vos adiantamos a semana pasada, comezamos a sesión repasando a rutina co TinyTap (para tablet ou móbil debedes ter descargada a app TinyTap e clicar aquí  https://www.tinytap.it/activities/g3jus/play/routine




A continuación escoitade atentamente o conto "What shall we do with the boo-hoo baby?"


#cadadiaunconto: What shall we do with the Boo-hoo baby? from biblio BN on Vimeo.

Resumimos o conto para asegurar a comprensión. Podémoslles preguntar aos nen@s: que lle pasaba ao bebé? Quen lle quería axudar? Que cousas fixeron por el?

A continuación, aprendemos vocabulario xogando co conto nestoutro TinyTap. Nel están algunhas das palabras que saíron das vosas "good things jars" a semana pasada:

* Para móbil ou tablet debedes ter descargada a app TinyTap e despois clicar aquí: https://www.tinytap.it/activities/g3kai/play/katrina


Por último debuxade a vosa happy face e mandade unha foto ao correo mskatrinaaa@gmail.com ou ao correo das titoras.

E seguide practicando para ter unha HAPPY FACE every day, que o estades a facer xenial.

Velaí as primeiras happy faces! Marabillosas!







Un bico forte forte!

ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario