martes, 24 de marzo de 2020

ROUTINE

Nas clases de inglés unha boa parte da sesión é ocupada pola rutina. Esta é unha actividade que se leva a cabo diariamente e que varía mínimamente en comparación co resto da sesión.

Durante as rutinas traballamos conceptos básicos como son o saúdo, os números, os días da semana, o xénero ou o tempo atmosférico.

Neste TinyTap que vos deixo a continuación trabállanse moitos destes aspectos. A proposta é que fagades a rutina con frecuencia, dúas ou tres veces á semana. (Mellor dende un ordenador).

Entre cada concepto inclúese un vídeo. O ideal é que os nenos e nenas bailen e, coa nosa axuda, fagan mímica acorde á canción convertíndoa así nunha actividade de TPR (resposta física total).


* Se o fas dende móbil ou tablet, desgarga a app TinyTap e canto a teñas instalada, volve ao blog e clica aquí: https://www.tinytap.it/activities/g3jus/play/routine

Se tedes algunha dúbida con respecto ao contido das mesmas, ou ao vocabulario en xeral, non dubidedes en escribirme a mskatrinaaa@gmail.com e vos tratarei de aclararar todo o que precisedes.

Grazas pola vosa colaboración, familias!


ABRACADABRA, ABRACADI
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario